CRTVG

Buscar

Ocupan unha pensión inactiva no centro de Vigo

Publicado o 31/08/2020 12:47

A ocupación ilegal de vivendas segue medrando en Vigo. Se a semana pasada coñeciamos o caso dun edificio da Gran Vía, agora súmase o dunha pensión pechada dende xa hai tempo. Está situada na rúa Alfonso XIII.

Fontes da investigación apuntan que moitos dos okupas que viven na antiga pensión foron detidos por distintos delitos, e algúns mesmo cobran polo dereito de uso e pernoita aos otros acupantes.

O caso destapouse despois de que a policía detivera un ladrón roubando nun coche. Cando lle pediu a documentación declarou que residía neste edificio e que pagaba polo cuarto a outro okupa.

Noticias web

31/08/2020