CRTVG

Buscar

Ocupan a sede de ERC por un desafiuzamento con antidisturbios da Generalitat

Publicado o 25/05/2021 11:03
Ocupan a sede de ERC por un desafiuzamento con antidisturbios da Generalitat

O novo presidente da Generalitat Pere Aragonés presentará hoxe os 14 consellers do seu goberno. Unha das primeiras protestas contra o president lidérana activistas vencellados a sindicatos da vivenda en Barcelona. Protestan por un desafiuzamento iniciado esta mañá por orde xudicial no que participan os antidisturbios dos mossos d'esquadra. Acusan a Aragonés de incumprir o acordo coa CUP para retirar os antidisturbios dos desafiuzamentos. Os manifestantes impediron o paso da comitiva xudicial e ocuparon a sede de Esquerra na cidade condal. 

Houbo un tenso dispositivo en que os concentrados lanzaron pintura aos antidisturbios, que usaron a forza para asegurar a zona. Evitar a intervención dos antidisturbios nos desaloxos é unha das principais reivindicacións da CUP nesta lexislatura, tras o seu pacto con ERC, ao que despois se sumou un posterior acordo entre os republicanos e Junts per Catalunya.

 

Noticias web

25/05/2021