CRTVG

Buscar

Ocupación case plena nos hoteis de Ferrol e Lugo para Semana Santa

Publicado o 10/04/2019 13:51

Últimos preparativos para a Semana Santa e algunhas cidades galegas xa celebran as boas expectativas para este ano despois dun 2018 no que se viron minguadas. No caso de Ferrol, festa de Interese Turístico Internacional, a ocupación media nos hoteis é dun 80%.

Emilio Vázquez Rey, presidente da Asociación de Empresarios da Hostalería de Ferrol: "Se o tempo se porta ben con nós podemos chegar ao 100% durante xoves e venres santo, que se pode alongar ata o luns de Pascua".

En Lugo, tamén melloran as expectativas. Coas miras postas na Semana Santa de Viveiro, que goza tamén de Interese Turístico Internacional, a ocupación é practicamente plena na ponte.

Sonia López, xefa de recepción: "Practicamente estamos toda a Semana Santa ao cen por cento, faltan moi poucos cuartos por reservar. Adoita ser a xente de última hora que espera un pouquiño ao tempo".

Agora agardan que o tempo acompañe para colgar o cartel de completo e que non se produzan cancelacións de última hora.

Noticias web

10/04/2019