CRTVG

Buscar

O PP pídelle a Sánchez a destitución de Marlaska

Publicado o 26/05/2020 16:50

O PP esixiulle ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a "destitución inmediata" do ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, polo "ataque máis grave á independencia do poder xudicial ocorrido en España nos últimos anos" tras o "arbitrario cese" do coronel Diego Pérez de los Cobos, xefe da comandancia da Garda Civil de Madrid.

Pablo Casado difundiu un comunicado solicita a través dun comunicado a súa destitución ante a "falta deliberada explicacións do ministro tras a celebración do Consello de Ministros.

Pola súa banda, o dirixente de Ciudadanos e portavoz no Congreso dos Deputados, Edmundo Bal Francés, pediu a súa dimisión por mor do "inmendo dano" que, ao seu xuízo, está causándolle ás institucións.

Así o fixo constar a través dun chío de Twitter pouco despois de que o director adxunto operativo (DAO) da Garda Civil, o xeneral Laurentino Ceña, presentase a súa dimisión e de que previamente o ministro do Interior destituíse o coronel Pérez de los Cobos.

 Esquerra Republicana asegurou que o informe da Garda Civil sobre o 8-M é falso.
"Claro que ese informe é falso, como tamén o era o de Alsasu, tamén o era o do 20 de setembro e o do 1 de outubro", dixo Gabriel Rufián.

Ciudadanos critica que se cuestione ás forzas de seguridade nestes momentos
"Non parece o máis oportuno introducir elementos de incerteza nos mandos das forzas e corpos de seguridade do estado", afirmou Edmundo Bal, o voceiro adxunto da formación laranxa no Congreso.

Vox asegura que Marlaska leva por diante a quen non sirva aos intereses do Goberno
"Este ministro demostra que non ten escrúpulo ningún e vai cesar a todo o que se poña no seu camiño e que non estea disposto a servir aos intereses do Goberno, que non aos do estado" , dixo a deputada Macarena Olona.

O Partido Popular fala dunha intromisión do poder executivo no xudicial e cre que a situación do ministro do Interior é insostible.

"Cesárono porque molestou ao poder executivo. Estamos ante unha inxerencia gravísima do poder executivo no poder xudicial e a isto engádese que o ministro do Interior omitiu deliberadamente dar explicacións sobre este cesamento máis aló de inscribilo nun asunto de caracter organizativo", dixo Enrique López, voceiro de Xustiza e Interior do PP.