"Occidente debe asumir responsabilidades cos refuxiados afgáns"
• O profesor José María Peredo Pombo explica que os talibáns eran o grupo mellor organizado para controlar o país tras a perda de convicción da coalición internacional
José María Peredo Pombo, catedrático de Comunicación e Política Internacional da Universidade Europea, di que a estratexia de seguridade en 2017 na política internacional dos EUA cambiou: xa non é a loita contra o terrorismo a prioridade, senón a rivalidade coa China.
"A guerrilla dos talibáns crece pola falta de convicción da coalición internacional de transformar o país", asegurou. "Non son unha célula terrorista, é un movemento político-social con apoio en numerosas zonas do país", explica. "O grupo mellor organizado para controlar o país eran os talibáns", salienta.
O réxime talibán parece que non vai ser recoñecido pola comunidade internacional, polo que o novo Goberno terá que trablllar para conseguila, avanza o profesor.
"Occidente debe asumir responsabilidades na intregración de refuxiados", salienta.