CRTVG

Buscar

Obrigan a readmitir un traballador que foi despedido tras ser pai

Publicado o 03/05/2021 16:48

Unha empresa de transportes de Ourense terá que readmitir de xeito inmediato un traballador nas mesmas condicións que tiña antes de ser despedido. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de declarar nulo o seu despedimento ao considerar que foi dado de baixa por ser pai e o mesmo día do parto da súa muller.

Considera probado que a empresa o botou coincidindo co nacemento do seu fillo polas consecuencias que este feito podería ter para a empresa, como permisos, baixas... Deberán aboarlle ademais o salario dende o día do despedimento ata que volva ser readmitido e unha indemnización de máis de 6.000 euros.