CRTVG

Buscar

Obras de reparación na A-6 desvirán o tráfico por Pedrafita en dirección Coruña

Publicado o 12/07/2021 14:51

Moi preto da fronteira con Galicia, o Ministeiro de Transportes inicia a reparación na autovía A-6 do viaduto dos Castros en Vega de Valcarce, e para realizar as obras cortarase o tráfico en dirección Coruña que se desviará por Pedrafita.

Os vehículos desviaranse por esta estrada que cruza a vila, unha idea que xera inquedanda polo aumento no volume de tráfico. Os máis prexudicados son os repartidores que traballan na zona.

Pero tamén hai quen lembra que non hai tanto que esta era a única vía de paso. Outros consideran que este cambio temporal achegará máis vendas.

Mentres, a circulación pola A-6 en dirección Madrid manterá a súa configuración actual cun único carril operativo.
 

Noticias web

12/07/2021