CRTVG

Buscar

O Obradoiro leva o derbi co Breogán nun final de infarto no Fontes do Sar (75-73)

Publicado o 02/03/2019 19:51

O Obradoiro levou o derbi galego disputado esta tarde no Fontes do Sar por 75-73. O conxunto santiagués mandou no marcador durante todo o partido e chegou a ter unha ampla vantaxe, pero os lucenses non se renderon en ningún momento e empataron cando faltaban poucos segundos para o final grazas a un parcial de 2-18.

Obst anotou a canatra vencedora cando faltaban oito segundos para o final e Cvetkovic errou a tripla para o conxunto de Natxo Lezcano na derradeira xogada. Brodziansky (17 puntos, 8 rebotes e 28 de valoración) foi o mellor do partido.