CRTVG

Buscar

Obradoiro e Breogán disputan unha Copa Galicia de nivel ACB

Publicado o 28/08/2021 12:29

Copa Galicia entre dous equipos ACB, Obradoiro e Breogán, e nun recinto mítico deste deporte, A Malata. Pouco máis se lle pode pedir ao partido que hoxe ofrecerá a G2. O único, o momento temperán do exercicio. Pata o Obradoiro é o primeiro amigable. Para o Breogán, o segundo. Así, as imaxes máis repetidas dos últimos días son estas, en cadanseu conxunto. Presentacións e máis presentacións. Ilusión e máis ilusión en dous proxectos diferentes. O do Obradoiro, continuista no banco coa undécima temporada seguida de Moncho Fernández, per unha vez máis reinventado no plantel, con reforzos que apuntan moi alto. O do Breogán, liderado por Paco Olmos, conxuga a continuidade do equipo do ascenso con fichaxes que prometen dar moitas satisfaccións aos lucenses.
Xúntanse os dous equipos con máis títulos en Copa Galicia, 12 os lucenses e 9 os santiagueses. Aló por 1986 disputarán a primeira edición, con triunfo breoganista. Tamén foron capaces de gañar no último enfrontamento de nivel ACB, en 2018.
Son moitos os estímulos para este partido de carácter solidario. Todos os cartos recadados, en taquilla e fila cero, irán destinados a Alcer Coruña. A doazón de órganos será a mellor canastra.


 

Noticias web

28/08/2021