O Xuvenlugo, oferta de lecer para cativos e mozos
Atraccións como a nora ou os coches eléctricos propias das festas do verán, os máis modernos videoxogos, obradoiros de pintura e maquillaxe para cativos ou os máis grandes e divertidos inchables. Son algunhas das actividades que ofrece este ano o Xuvenlugo, un evento que abrangue todo o período do Nadal e que está pensado para que nenos e adolescentes poidan sacar todo o partido posible ao seu tempo de vacacións. Este ano agardan recibir máis de 21.000 visitantes nas catro semanas que vai permanecer aberto.
Unha das actividades que máis público atrae é o chamado rocódromo, un espazo para cativos e maiores onde poden iniciarse nas tècnicas de escalada ou mesmo perfeccionalas. Unha disciplina que vai ser deporte olímipico nos xogos de Tokio de 2020.
Así que, se desexan gozar do chamado ocio alternativo e que os máis cativos da casa poidan aproveitar as súas vacacións, teñen unha cita no Pazo de Feiras de Lugo durante estas festas de Nadal.