O xurado segue sen veredicto logo de case tres días de deliberación
Publicado o 27/11/2019 10:53
• "Se non hai probas directas, unha pluralidade de indicios importantes teñen consideración de proba"
O xurado continúa coas deliberacións sobre o caso do crime de Diana Quer. As nove persoas que o integran están recluídas e non teñen un prazo límite de tempo para emitir un veredicto, polo que nada apunta a que a decisión vaia ser rápida.
Despois de máis de dous días de reclusión e discusión entre os cinco homes e catro mulleres que o integran, polo momento non hai unha decisión.
Son moitos os datos para analizar tras once días de xuízo, con 50 testemuñas e 40 peritos, con visións enfrontadas.