CRTVG

Buscar

O xurado popular declara culpable o acusado do parricidio de Monterroso

Publicado o 20/02/2020 23:04
O xurado popular declara culpable o acusado do parricidio de Monterroso

O xurado declarou culpable por unanimidade a Pedro López Louzao, acusado de acabar coa vida do seu pai en Monterroso. 

Os forenses confirmaron que foi unha morte violenta 

A declaración dos forenses acurrala o presunto parricida de Monterroso na segunda xornada do xuízo. Os forenses confirmaron que o falecemento do pai do acusado foi por morte violenta e apuntan a unha agresión física como causa. Sinalaron que o golpe mortal foi na cabeza e que lle provocou o traumatismo cranioencefálico. Tamén declararon os axentes que chegaron primeiro á casa. Relataron que, nun primeiro momento, o acusado manifestou que matara a seu pai a golpes.

A defensa insistiu en que a morte foi accidental e pedía a libre absolución. O fiscal rebaixou a pena por homicidio agravado de 20 a 17 anos de prisión, ao aplicarlle a atenuante de embriaguez.

 

Noticias web

20/02/2020