CRTVG

Buscar

O xurado popular considera culpable o matrimonio acusado de matar os seus dous fillos en Godella

Publicado o 10/06/2021 20:24

Xa hai veredicto no xuízo de crime de Godella. O xurado popular considera culpable o matrimonio acusado de matar os seus dous fillos de de tres anos e medio e seis meses de idade nesa localidade valenciana.

Segundo o veredicto, os dous acusados participaron no crime, aínda que entenden que a nai actuou coas súas facultades alteradas. O fiscal anunciou que mantén a súa petición de pena: 50 anos de cárcere para el, mentres que para ela solicita o internamento nun centro psiquiátrico.

Noticias web

10/06/2021