CRTVG

Buscar

O xurado popular conclúe por unanimidade que Quezada matou de forma premeditada e súbita o pequeno, desmontado a tese da defensa durante o xuízo

Publicado o 19/09/2019 20:13

A Fiscalía e a acusación particular sempre mantiveron que o crime de Gabriel foi un asasinato, a defensa da única acusada defendeu a tese do homicidio, primeiro imprudente, logo doloso. En sede xudicial, Ana Julia Quezada declarou que non foi unha morte planificada, senón accidental, e que non foi capaz de contar o sucedido durante os 12 días ata que a detiveron.

A declaración da acusada ante o xurado, o 10 de setembro, centrouse en reiterar a tese da inocencia, en falar todo o tempo de morte accidental, negando toda intencionalidade e premeditación: "Eu tapeille a boca. Só quería que calase".

Durante o seu interrogatorio, a Fiscalía quixo resaltar as contradicións do seu relato... e que só lembraba o que lle conviña: "Lembra se o empurrou contra a parede?", "Non lembro".

A acusada deu versións diferentes do que declarara perante o xuíz instrutor. Por exemplo, dixo que cando a detiveron co cadáver de Gabriel, o seu plan era suicidarse.

Ana Julia declarou que o arrepentimento a levou a colocar a camiseta do neno para que a atopasen: "Quería que me detivesen".

A acusaba remataba a súa declaración pedindo perdón. Repetiuno no seu dereito á última palabra.

"Pido perdón á familia de Gabriel e á miña. Só espero que Deus me perdoe. Nada máis, señoría".

Noticias web

19/09/2019