CRTVG

Buscar

O xurado comezou as súas deliberacións no caso da morte de George Floyd

Publicado o 20/04/2021 08:48
O xurado comezou as súas deliberacións no caso da morte de George Floyd

Coas conclusións da fiscalía e da defensa, rematou en Minneapolis o xuízo contra o expolicía acusado de asfixiar ata a morte a George Floyd, e o xurado reuniuse para deliberar.

O xuíz lembroulles aos sete homes e cinco mulleres que deberán tomar a decisión a necesidade de chegaren a un veredicto unánime e pediulles que teñan en conta unicamente as probas presentadas durante o xuízo.

A tensión na cidade de Minneapolis é máxima á espera da decisión do xurado que deberá resolver sobre os tres cargos que afronta o expolicía Derek Chauvin: asasinato en segundograo, en terceiro e homicidio.

Noticias web

20/04/2021