CRTVG

Buscar

O mes de xuño foi moi chuvioso e lixeiramente máis frío, agás na comarca de Monterrei

Publicado o 06/07/2021 21:24

Estamos tendo temperaturas baixas para a época do ano estes días en toda Galicia. O mes de xuño veu especialmente revolto: máis frío do habitual, con treboadas e moi chuvioso. O termómetro só subiu por riba dos 30 graos a principios de mes, sobre todo, na provincia de Ourense. 

Tempo inestable o deste comezo do verán en Galicia. O mes de xuño emezou caloroso en Ourense sobre todo, na comarca de Monterrei.

E como se fose primavera na segunda quincena de xuño a chuvia e as sucesivas treboadas foron as protagonistas. E dos 35 graos de principios de mes na provincia de Ourense pasouse a un tempo fresco, cunha media de 21,3 graos en Galicia.

E as máximas nestes primeiros días de xullo tampouco pasan dos 25 graos, a xente xa bota de menos un pouco de calor.

Desde o 1981 tan só o xuño de 2018 foi máis chuvioso que o deste ano, cando, as precipitacións nas comarcas dos Ancares ou do Xallas superaron de media os 200 litros por metro cadrado, máis do dobre que outros anos.

Noticias web

06/07/2021