CRTVG

Buscar

O xulgado levanta o segredo de sumario no caso de Samuel Luiz

Publicado o 02/08/2021 12:05
O xulgado levanta o segredo de sumario no caso de Samuel Luiz

O Xulgado de Instrución número 8 da Coruña levantou este luns o segredo das actuacións do caso de Samuel Luiz, o mozo de 24 anos ao que mataron na madrugada do 3 de xullo na Coruña.

As partes implicadas no caso poden ter acceso ás probas realizadas. Segundo concretan fontes das defensas xurídicas dos encarcerados, xa están a revisar o actuado.

O 14 de xullo a xuíza alzou o segredo das actuacións, pero a Fiscalía presentou un recurso ante a Audiencia Provincial da Coruña contra esta decisión e foi estimado. A Audiencia Provincial alegaba o 20 de xullo que había unha serie de dilixencias de investigación pendentes.

Noticias web

02/08/2021