CRTVG

Buscar

O xulgado estima que hai indicios de malversación nas contas de Democracia Ourensana

Publicado o 13/07/2021 16:52
O xulgado estima que hai indicios de malversación nas contas de Democracia Ourensana

Novidades xudiciais que lle poden afectar ao Goberno local de Ourense. Un xulgado da cidade acaba de dar marcha atrás e estimar o recurso posto polos concelleiros críticos contra o alcalde ao decretar que se reabra a investigación sobre as presuntas irregularidades na xestión dos fondos de Democracia Ourensana, a formación á que pertence o alcalde Gonzalo Pérez Jácome. No auto, a titular do xulgado número tres da cidade estima que hai indicios de presunta malversación, o motivo, lembren, polo que o PP deixou hai dez meses o Goberno municipal, e ao que acaba de regresar. Contra esta decisión cabe recurso.

Noticias web

13/07/2021