CRTVG

Buscar

O Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira finaliza a investigación da desaparición e falecemento de Diana Quer

Publicado o 22/02/2019 13:35

• O seguinte paso no procedemento é a convoatoria dunha audiencia preliminar para a que aínda non hai data 

O Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira finaliza a investigación da desaparición e falecemento de Diana Quer

O Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira finalizou a investigación relativa á desaparición e morte de Diana Quer, cuxo rastro se perdeu na Pobra do Caramiñal en agosto de 2016 e cuxo corpo foi localizado tras a detención de Xosé Abuín en decembro de 2017.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a decisión tomouse tras recibir os informes que aínda quedaban pendentes e tendo en conta que ao maxistrado instrutor non lle quedan dilixencias de investigación por practicar, co que o caso xa estaría listo para a apertura do xuízo oral.