A xustiza avala as restricións no Segrià e L'Hospitalet
En Cataluña teñen medo a que o brote de virus que afecta a Lleida e tamén a L'Hospitalet se asente na capital, onde xa hai medio milleiro de contaxios diagnosticados.
As autoridades están algo máis tranquilas despois de que, finalmente, os xuíces avalasen as restriccións que quería o goberno catalán.
O xuíz entende que as medidas adoptadas pola Generalitat en Lleida e outros seis concellos da comarca do Segrià son necesarias e proporcionadas para controlar o brote de coronavirus.
Por iso ratifica o decreto, pero deixa fóra do seu ámbito de aplicación o concello de Massalcoreig, onde só hai un caso activo.
A xustiza ratifica tamén o endurecemento do confinamento nos tres barrios do concello de L'Hospitalet afectados por outro brote que derivou en transmisión comunitaria.
Neste caso o xuíz rexeita prohibir as reunións de máis de dez persoas, unha excepción que a Generalitat xa anunciou vai recorrer.
Preocupa que o virus poida estenderse pola veciña Barcelona, onde hai 25 brotes identificados e máis de 500 positivos.
En Euskadi, as autoridades iniciaron o cribado para controlar o foco detectado en Getaria, con 4 positivos confirmados e que ten a súa orixe nunha traballadora dun bar da localidade guipuscoana.
Está previsto facer máis de 300 probas PCR diárias ás persoas que entraron en contacto coa primeira infectada.