CRTVG

Buscar

O xuízo contra Ana Julia Quezada comezará o 9 de setembro

Publicado o 03/05/2019 15:32
O xuízo contra Ana Julia Quezada comezará o 9 de setembro

O xuízo contra Ana Julia Quezada celebrarase o próximo mes de setembro. Un xulgado popular decidirá a sorte da autora confesa da morte do pequeno Gabriel Cruz, para quen a fiscalía solicita a prisión permanente revisable.

O 9 de setembro comezará na Audiencia Provincial de Almería un xuízo que se prevé esperte, igual que o caso de Gabriel, unha grande expectación mediática e que durará arredor de dúas semanas.

Quezada era a compañeira sentimental do pai de Gabriel, de 8 anos, desaparecido o 27 de febreiro de 2018. Foi detida o 11 de marzo, cando trasladaba o cadáver do pequeno no maleteiro do coche.

Noticias web

03/05/2019