O xuíz que investiga o financiamento de Podemos ordena investigar unha transferencia de 75.000 euros á consultora Neurona
Publicado o 19/11/2020 15:05

O xuíz que investiga o presunto financiamento irregular de Podemos ordena investigar unha nova transferencia do partido.
Quere que a Brigada de Branqueo analice os 75.000 euros que a formación de Pablo Iglesias transferiu a Neurona, a empresa de consultoría política investigada tras a denuncia do exavogado de Podemos.
Mañá están chamados a declarar sobre as presuntas irregularidades catro cargos do partido, entre eles o xefe de campaña e director de Comunicación, Juanma del Olmo, e mais o tesoureiro da formación morada.