CRTVG

Buscar

Declaran denunciantes, testemuñas e investigados pola suposta corrupción no Colexio de Enfermería de Pontevedra

Publicado o 31/03/2021 12:04

O principal denunciante, e aínda secretario da xunta de goberno do Colexio de Enfermería pontevedrés, tomou posesión do cargo en decembro de 2018. Segundo declarou, decatouse ao pouco tempo das irregularidades que, supostamente, se cometían no organismo. Directamente acusou o presidente da entidade, agora en prisión provisional.

Nesta xornada, o xuíz instrutor de Vigo tamén citou os outros dous denunciantes, o exdirector de comunicación do colexio e un vogal da xunta de goberno, así como testemuñas e investigados na causa polos presuntos delitos de lavado de cartos, administración desleal e falsificación documental.

A denuncia levou á detención do presidente e ao rexistro da sede colexial o pasado 11 de marzo. O organismo está baixo a tutela dos administradores xudiciais.

Noticias web

31/03/2021