O xuíz prorroga a investigación do accidente de Angrois ata xuño
Publicado o 28/11/2019 18:53
A investigación do accidente de Angrois prorrógase ata xuño. O xuíz amplía as pescudas despois de que a Audiencia da Coruña ordenara investigar a presunta eliminación de datos por parte de Talgo horas despois do sinistro.
Os vindeiros 12 e 13 de decembro declararán como testemuñas 4 empregados da empresa ferroviaria.