O xuíz procesa a Rato por presunta corrupción, branqueo e elusión fiscal
Publicado o 01/03/2021 17:47

O titular do Xulgado de Instrución número 31 de Madrid procesou o exvicepresidente do Goberno Rodrigo Rato e unha decena de persoas, físicas e xurídicas, por posibles delitos de corrupción nos negocios, branqueo de capitais e presunta elusión fiscal.
No auto coñecido este luns, o xuíz Antonio Serrano-Arnal dá por concluída a instrución do caso que desde 2015 investiga a orixe do patrimonio do exministro.
Entre as condutas baixo sospeita atópanse os contratos publicitarios de Bankia, orixe do presunto delito de corrupción entre particulares, e polos que figuran como procesados Rato e outras doce persoas, incluídas as axencias Zenith e Publicis.