O xuíz do caso Gabriel finaliza a instrución e abre xuízo oral contra Ana Julia Quezada
O xuíz do caso Gabriel dá por concluída a instrución e abre xuízo oral contra Ana Julia Quezada, a autora confesa do crime. O maxistrado ordena que inclúan no sumario a morte da filla de Ana Julia e enfróntase a unha pena de prisión permanente revisable.
O Xulgado de Instrución número 5 de Almería acordou a apertura do xuízo oral contra Ana Julia Quezada, a autora confesa da morte do pequeno Gabriel o 27 de febreiro do pasado ano. Dá por concluída a instrución, polo tanto, á espera de que se fixe a data para o xuízo co xurado na Audiencia Provincial de Almería.
Na resolución, o xuíz Rafael Soriano procesa a investigada por un presunto delito de asasinato, dous de lesións psíquicas aos pais, que aínda continúan con tratamento psicolóxico, e outros dous contra a integridade moral. A acusada enfróntase a prisión permanente revisable.
O xuíz tamén decretou que a morte da filla de Ana Julia Quezada ao precipitarse dende un sétimo andar, considerada no seu día un accidente, se inclúa no sumario.