CRTVG

Buscar

O xuíz decide manter imputado o único investigado polo dobre crime do Ceao ocorrido hai 27 anos

Publicado o 16/09/2021 13:16
O xuíz decide manter imputado o único investigado polo dobre crime do Ceao ocorrido hai 27 anos

O xuíz decide manter imputado o único investigado polo dobre crime do Cash Record e desestima o recurso que presentou a súa defensa. O único sospeitoso é un hostaleiro que reside en Burgos e que no momento dos feitos rexentaba un bar en Lugo. Está acusado de dous delitos de asasinato, de roubo con violencia e de tenza ilícita de armas.

A loita incansable dos familiares da caixeira e do repoñedor, asasinados a tiros, para esclarecer o crime logrou que o caso siga aberto 27 anos despois.

Noticias web

16/09/2021