CRTVG

Buscar

O xuíz convoca o xurado arrepentido do caso Ibar para saber se tivo presións

Publicado o 29/01/2019 14:48

Nas publicacións en Internet, asinadas con pseudónimo, o autor denuncia que apoiou o veredicto de culpabilidade contra Pablo Ibar debido ás presións e ao acoso que sufriu. Crese que o arrepentido é o membro do xurado identificado como Collins, o mesmo que se retractou do seu voto días despois de que Ibar fora declarado culpable dun triplo asasinato. Nun intento de anular ese veredicto que necesariamente debe ditarse por unanimidade do xurado, a defensa do vasco tratou sen éxito de que o xuíz do caso o interrogase sobre o seu cambio de parecer. O maxistrado que daquela ignorou a petición agora si citou a Collins, aínda que só para saber se foi el o que escribiu do xuízo na Rede, algo que os xurados teñen prohibido.

Os avogados de Ibar temen que o xuíz decida apartalo do tribunal, que así recuperaría a súa unanimidade. Iso facilitaríalle, ademais, ditar unha nova pena de morte contra Ibar.

Noticias web

29/01/2019