CRTVG

Buscar

O xuíz arquiva o caso do ático que comprou Ignacio González en Marbella

Publicado o 14/07/2020 12:56
O xuíz arquiva o caso do ático que comprou Ignacio González en Marbella

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 5 de Estepona (Málaga) acordou o sobresemento e o arquivo da causa aberta en relación cun ático que comprou en Marbella o expresidente da Comunidade de Madrid, Ignacio González, xunto coa súa esposa, en decembro de 2012.

Na resolución xudicial o maxistrado afirma que non quedou acreditada a perpetración dos delitos de que se lles acusaba, polo que procede a decretar o sobresemento provisional e arquivo das actuacións.

O avogado de Ignacio González e da súa esposa, Víctor Navas, asegurou que está moi satisfeito coa resolución xudicial e afirmou que espera que o devandito auto axude a dar un xiro ao resto de procesos que se seguen contra o seu patrocinado.

A Fiscalía de Málaga xa acordou o pasado decembro o sobresemento despois de comprobar que, tras a investigación efectuada, non había indicios suficientes que puidesen apoiar a imputación de Ignacio González, da súa esposa Lourdes Cavero e do empresario e presidente do Atlético de Madrid Enrique Cerezo.