CRTVG

Buscar

O xuíz amplía a 3 días semanais o permiso de Urdangarin para facer voluntariado

Publicado o 14/01/2020 12:11
O xuíz amplía a 3 días semanais o permiso de Urdangarin para facer voluntariado

O Xulgado de Vixilancia Penal de Valladolid estimou a petición formulada por Iñaki Urdangarin para ampliar de dúas a tres días semanais as saídas autorizadas do cárcere de Brieva, en Ávila, para desenvolver o labor de voluntariado.

O xuíz, tras estudar os informes favorables que reflicten o bo aproveitamento do programa por parte do recluso, considerou que "non hai ningún inconveniente para ampliar a tres as saídas semanais solicitadas", segundo informaron este martes fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León.