Xoves de movida en Santiago con menos incidentes tras os da semana pasada
Había expectación ante os chíos dunha posible macroquedada, pero a madrugada transcorreu con relativa tranquilidade. A noite contou cun reforzo policial preventivo e disuasorio, pero como cada xoves os universitarios tomaron as rúas para gozar do que eles chaman o seu día de festa.
No outro extremo, os veciños, para quen esta foi unha madrugada máis sen poder descansar.
Un problema de convivencia agravado pola normativa contra a covid. Aseguran os mozos que se as discotecas abrisen ata as 6 da mañá eles non estarían molestando nas rúas.
Unha noite máis, sucedéronse as chamadas á policía e as denuncias por ruídos de festas en pisos, 17 en total e outras 33 por beber alcol na vía pública, berros ou ouriñar na rúa. Contra as 6 da mañá os axentes tiveron que pedir reforzos para disolver botellóns que se estaban a celebrar en parques da cidade.