O xornalista español Joan Guirado, expulsado de Venezuela tras ser retido durante varias horas
Publicado o 08/05/2019 19:20
O xornalista español Joan Guirado foi expulsado de Venezuela despois de ser retido durante varias horas polos servizos de intelixencia do país, o Sebin. Así o denuncia o enviado especial de OKDIARIO no seu Twitter, en que asegura que foi un dos peores días da súa vida.
Guirado chegou a Venezuela a principios de maio, na que era a súa segunda viaxe ao país este ano.