CRTVG

Buscar

O xogo en liña segue medrando entre os mozos

Publicado o 22/04/2021 21:02

A pregunta do estudo é directa: que poñemos en xogo? Poñemos moito: a saúde, os cartos... Segundo a Fundación de Axuda contra a Drogadicción, o xogo con cartos segue medrando entre os mozos, pero o incremento é aínda máis evidente na modalidade en liña, que se converteu na principal causa de ludopatía entre os menores de 26 anos. Empezan moi novos, desde o móbil, con cartos ficticios e sen ter que rexistrarse.

Os moitos momentos de soidade e os poucos espazos para socializar da pandemia non axudaron. E por se fose pouco , coas casas de apostas pechadas, moitos xogadores optaron pola opción en liña. A regulamentación desta modalidade ten menos de dez anos.

Un deles, sen dúbida, este dato estudo: as persoas novas xa supoñen o 50 % dos xogadores en liña.






 

Noticias web

22/04/2021