CRTVG

Buscar

O xogador do Compostela Hugo Sanmantín comparte una viaxe especial coa súa filla Hera

Publicado o 26/02/2021 21:19

Entre adestramento e partido Hugo Sanmartín ocúpase do máis importante na súa vida, a viaxe da súa filla Hera. E quere que todo o mundo a coñeza a través de Instagram. "Non me gusta etiquetar. Son nenos normais pero hai que entendelos dun xeito diferente ós demáis"
Faino co propósito de amosar a vida dunha nena con trastorno autista e como un medio de apoio entre familias: "Falei con moitos pais que tamén se senten sós. Pola seguridade social temos asitencia pero vai con moitísima lentitude"

Hera foi diagnosticada ós 13 meses, xusto antes do confinamento duro. A partir de aí comeza unha viaxe que Hugo vai contar en Instagram. Anunciouno cun prólogo e publicará o primeiro capítulo o próximo luns. "Temos máis de 42 mil visitas en Intagram. Estou abrumado. Recibín moito feedback positivo. Espero que me axude a min e a outros Espero que me sigan nesta viaxe". Hera ten agora dous anos e catro meses. E un futuro por diante que os pais imaxinan, incluso como blogueira. "Espero que faga o que queira e o que se propoña seguro que o consegue".

Noticias web

26/02/2021