CRTVG

Buscar

O Xirona presenta a Juan Carlos: "Buscaba un proxecto ambicioso e cun grande apoio detrás"

Publicado o 26/06/2019 16:58

E vai cambiar o Lugo. E moito. Cristian Herrera vai a Gran Canaria. E confirmouse que Juan Carlos xogará no Xirona. O ex-porteiro do Lugo asina por 2 anos. Juan Carlos xogará no Xirona a próxima temporada. Foi a estrela do Lugo esta campaña e xogará as próximas dúas temporadas no Xirona, que acaba de descender.

"É un pouco o que eu buscaba, un club así, un proxecto ambicioso e cun grande apoio detrás, así que a verdade é que estou moi feliz. Alcancei a madurez na miña carreira, teño experiencia tanto na primeira coma na segunda, bastantes partidos tamén e coido que é un momento perfecto para afrontar un reto coma este", asegura Juan Carlos. 

Noticias web

26/06/2019