CRTVG

Buscar

O Xirona elimina o Cádiz

Publicado o 16/01/2021 20:38

 


Os xogadores do Xirona marcharon entre apertas e sorrisos. Acababan de deixar fóra a todo un Primeira como o Cádiz. Os dous equipos apostaron polas rotacións e delas saiu vitorioso o modesto, o de Segunda. O Xirona xa marcou no primeiro tempo, mais o colexiado -Pizarro Gómez- anulouno por fóra de xogo de Ramalho.

No segundo período, ao pouco de arrancar conseguiuno. Foi logo dun mal despexe que orixinou unha resposta eléctrica, con pase final de Nahuel pra Valery Fernández. Non había fóra de xogo. O 1-0 aconteceu no minuto 48 e no 58 o segundo do Xirona, tras un envío de Samu Sáinz que deixou pasar Yoel Bárcenas e concretou, de novo, Valery Fernandez. 2-0. O Xirona pasa a oitavos e deixa o Cádiz de Álvaro Cervera sen Copa e con esa cara.

Noticias web

16/01/2021