CRTVG

Buscar

O Goberno ve insuficiente o xesto de Otegi coas vítimas de ETA e insta a Bildu a perdirlles perdón

Publicado o 19/10/2021 16:18

Vintecatro horas despois das palabras de Otegi, o Goberno rebaixa o entusiasmo do PSOE e asegura que o xesto non é suficiente. Desde a Moncloa matizan, e instan a Bildu a dar un paso máis.

Isabel Rodríguez, portavoz do Goberno, "considramos que é un paso insuficiente, que ademais deberían pedir perdón e que deben pasar da palabra aos feitos. E por exemplo deberían condenar as homenaxes aos condenados etarras cando saen do cárcere"

O Partido Popular cualifica de hipócrita a actitude dos socialistas por manter as negociacións e os acordos con Bildu no Congreso. Os populares queren forzar unha declaración institucional nas dúas Cámaras para condenar explícitamente o terrorismo de ETA. E reclamaranlle ao Goberno excluír de todo tipo de pactos a quen non a asine.

Cuca Gamarra, portavoz do PP no Congreso, "non imos admitir leccións do Partido Socialista. Se o PSOE decidiu normalizar a súa relación con Bildu e cambiar a historia máis recente de España non será con nós"

Desde as filas socialistas instan ao PP a mirar cara o futuro. Nun acto en Gernika para conmemorar os 10 anos da fin de ETA, o expresidente Rodríguez Zapatero dixo que a mellor homenaxe para as vítimas sería un futuro de convivencia e de reencontro.

Noticias web

19/10/2021