CRTVG

Buscar

O xeo, principal foco de preocupación tras o paso de Filomena

Publicado o 11/01/2021 21:34

Paisaxes de película que se traducen hoxe en xeo. O que deixan as intensas nevaradas, o mesmo que retira a UME en Toledo. 

É hoxe o que máis preocupa, a neve convertida en xeo e nos seus perigos. Perigos nas cidades e perigos tamén nas estradas.

Segundo os últimos datos da DXT o paso de Filomena dificuiulta o tráfico en 693 estradas da rede principal e secundaria de todo o país. 138 están cortadas, as máis delas no centro e noreste peninsular. Recoméndase utilizar as vías de comunicación por estrada só cando sexa necesario.

As abundantes placas de xeo son tamén as responsables da suspensión das clases en moitas provincias de España. Polo menos dous días máis atrásanse en Castela-A Mancha e en Aragón. Tamén en puntos rurais do norte de Cataluña. Retomaranse, porén, a partir deste martes na comunidade de Asturias.

Despois da neve continúan os problemas na subministración de servizos básicos.

A Comunidade Valenciana vai volvendo ao pouco á normalidade, sen concellos illados nin cortes de subministracións.

Os traballos de limpeza seguen en todo o estado para retirar un xeo que que vai ser dificil de desfacer. Lugares como Soria, Teruel ou Zaragoza rozaron os 18 graos negativos. Porén, e segundo un aviso especial da AEMET, a situación lonxe de mellorar pode empeorar, xa que o frío se vai intensificar nos vindeiros días, especialmente esta madrugada.
















 

Noticias web

11/01/2021