O xeo complica o restablecemento das comunicacións no interior de España
Hai máis de catrocentas vías afectadas pola neve e o xeo. Na rede secundaria, 39 estradas continúan cortadas e aínda é preciso usar cadeas para circular en medio cento de treitos. Madrid e Castela-A Mancha seguen a ser as comunidades máis afectadas.
O intenso frío tampouco facilita a volta á normalidade do transporte ferroviario. Continúan os problemas, sobre todo, nas liñas rexionais e de cercanías. Os servizos de AVE e longa distancia reanudáronse pero con importantes atrasos. Unha viaxe entre Madrid e Santiago demorouse seis horas porque as vías estaban conxeladas. A pasaxe denuncia falla de previsión.
Nas pistas do aeroporto de Madrid o xeo complica os labores de limpeza. A neve acumulada limita o número de operacións e os atrasos son importantes. O voo que tiña que sair de Santiago cara a Madrid o domingo pola noite engalou este xoves.
AENA asegura que, nos próximos días, a terminal vai ir incrementando o tráfico. Polo momento, hai que confirmar coas aeroliñas o estado de cada voo.