CRTVG

Buscar

O Xacobeo promociónase no centro de Roma cunha oficina multimedia

Publicado o 11/10/2021 15:03

A promoción exterior do Camiño de Santiago ten un novo punto forte en plena praza de España en Roma. A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, inaugurou hoxe o Centro Multimedia Interactivo da oficina de Turespaña na capital italiana, que estará centrado no Xacobeo ata finais de 2022. A ministra, que estivo acompañada pola responsable de Turismo da Xunta, Nava Castro, destacou o carácter único do proxecto xacobeo. "Queremos non só promocionar os camiños de Santiago, senón tamén facer un investimento importante, 121 millóns de euros, para poñer en valor a singularidade dun produto que é único; e agora, despois da pandemia, consideramos case necesario facer a inmersión nestes camiños de Santiago que vertebran todo o territorio nacional", dixo Reyes Maroto.

Noticias web

11/10/2021