O Xacobeo, clave na recuperación do turismo galego
Aínda sen datos pechados, o Goberno galego agarda pechar este mes de agosto con moi boas cifras de ocupación turística, xa que o mes de xullo foi bo.
Así, todo apunta a que este mes de agosto se está consolidando unha clara recuperación do turismo, fundamentalmente nacional, que escolle Galicia como un destino seguro.
Desde a Xunta de Galicia apuntan o Xacobeo como un elemento importante dentro desta recuperación. De feito, agárdase chegar a finais de agosto ás 100.000 compostelas coa vista posta xa no 2022.
"Imos seguir sendo prudentes respecto ao ano 2022, que vai ser sen ningunha dúbida, co tirón do Xacobeo, un magnífico ano, desde o punto de vista turísitco para Galicia. E respecto a este ano 2021, está sendo moi bo, só fai falta falar cos hostaleiros, a pesar de todas dificultades e a pesar de todas as restricións obrigadas todavía pola pandemia", explicou Alfonso Rueda.