CRTVG

Buscar

O xacemento de Ciadella, en Sobrado dos Monxes, correspóndese cun campamento romano da lexión

Publicado o 14/11/2020 14:48

Son máis de dúas hectáreas e medio de terreo, cunha muralla que rodea o lugar. O xacemento de Ciadella, en Sobrado dos Monxes, foi un campamento que se levantou no século I para acoller a lexión, que era a que se ocupaba de defender e controlar a provincia de Lugo e o norte da Coruña.

No campamento vivían arredor de seiscentos homes e tiña todo tipo de comodidades. Cando os lexionarios se trasladaron, o asentamento iniciou unha nova etapa.

De grande interese, queda aínda pendente a posta en valor do xacemento e a restauración das estruturas ao aire libre.

Noticias web

14/11/2020