CRTVG

Buscar

O xacemento arqueolóxico do castro de Toiriz obxecto de actos vandálicos

Publicado o 05/10/2020 14:59

Cheo de lixo e con pintadas, así atopaba a empresa encargada dos labores da posta en valor do xacemento arqueolóxico do castro de Toiriz o monumento histórico.

Este acto vandálico xa foi posto en coñecemento de Patrimonio. Na zona lamentan moito o suceso e que non encontran explicación a estas actuacións. 

Este non foi o único acto vandálico destas características. Nos últimos días detectáronse outras accións contra o mobiliario urbano, relacionado tamén co patrimonio arqueolóxico. 

Dende o Concello fan un chamamento á colaboración cidadá e á importancia de concienciarnos de que tanto o mobiliario público como os bens culturais son patrimonio de todos. 

 

Noticias web

05/10/2020