CRTVG

Buscar

O xabaril estraga unha plantación de eucaliptos na Estrada

Publicado o 12/07/2021 13:54

José Manuel é un veciño de Paramá, no concello da Estrada, onde se sitúa esta parcela forestal. Cóntanos que é a segunda plantación de eucaliptos que fan nela despois de cortar e sacar a madeira. Cifra nuns setenta o número de plantas repostas. A primeira, di, estragouna o porco bravo.

José Manuel Baño, presidente da asociación veciñal de Paramá, di: "O xabaril arricou todos os eucaliptos. Tivemos que volver plantar todo. Este é un problema que levamos anos vivíndoo. Tivemos que pechar, valar todo con cinta de sinalización, porque este é un problema moi gravísimo. Temos que estar replantando cada certo tempo se baixan, como estamos vendo, que baixan case todos os días e non podemos estar vivindo así".

Sobre o terreo non se observan as típicas pegadas da acción do xabaril, polo que lle preguntamos se non deixa fozado o xabaril cando entra no terrreo. E Xosé Manuel Baños responde: "Normalmente si. Aquí agora mesmo non se ven pegadas. Pero, como vedes, tamén tivemos que poñer cintas para iso; como volveu arrincar todo, tivermos que volver poñer".

Di este veciño da parroquia do Santo André de Vea que outros anos comprobaron a eficacia das batidas na prevención de danos do xabaril.

Na parte chá, numerosas leiras de millo evidencian que a colleita aínda non chegou á fase en que resulta máis atractiva para os xabarís.

 

Noticias web

12/07/2021