CRTVG

Buscar

O voto por correo para o 12-X supera xa o total de 2016

Publicado o 05/07/2020 14:04
O voto por correo para o 12-X supera xa o total de 2016

48.300 votos por correo para as eleccións ao Parlamento de Galicia do próximo domingo 12 de xullo, unha cifra que xa supera o total de votos por correo xestionados nas eleccións galegas anteriores, as do 2016.

Hai tamén para estas eleccións un récord nas solicitudes deste tipo de voto. Foron 76.907, un 60% máis que hai catro anos. Os electores que solicitaran este tipo de voto, poden entregalo ata este próximo venres día 10 de xullo.