CRTVG

Buscar

O voto do BNG condiciona a investidura de Pedro Sanchez

Publicado o 03/01/2020 10:33

Acordo entre PSOE e Esquerra que segundo todas as previsións, será ratificado hoxe ás 10 h, na Comisión Executiva Federal dos socialistas.

O debate de investidura comeza mañá sábado ás 9. Antes, o PSOE avanza nas súa carreira de negociacións e aínda que non está todo feito.

Pechados os acordos para o SI con Compromís, Nueva Canarias e Teruel Existe, cun deputado cada un. Situando os votos positivos en 166 escanos.

Queda pendente tanto a decisión do BNG, que se pronunciará esta mañá a partir das 10 h, e tamén agardamos a decisión de Coalición Canaria, que ten convocado un consello político para hoxe ás seis da tarde. Estes dous votos son importantes. Tal e como están as cousas, para que a investidura vaia a éxito, Pedro Sánchez necesitaría ou ben estas dúas abstencións ou o SI; no caso de votar NON, moi pouco probable no caso do BNG, os escanos do si e do non quedarían empatados no Congreso.

De Bildu, espérase que este mediodía confirmen as súas cinco abstencións.

 

 

Noticias web

03/01/2020