CRTVG

Buscar

O volcán Fagradalsfjal, o atractivo turístico de moda en Islandia

Publicado o 30/03/2021 08:45

En Islandia, un grupo de mozos improvisou un partido de voleibol nas abas dun pequeno volcán como se estivesen na praia.

A súa proximidade a Reykjavik, a capital do país, converteuno en lugar de peregrinación. Tomar un café feito coa calor que desprende a rocha ou mesmo asar unhas salchichas converteuse en algo cotián desde que entrou en erupción hai varias semanas.

Noticias web

30/03/2021