CRTVG

Buscar

O volcán Etna entra en erupción, con emisión de cinzas e lava

Publicado o 21/09/2021 12:23

O volcán Etna, situado na illa italiana de Sicilia, experimentou este martes unha nova erupción no seu cráter sueste, con emisión de cinzas e lava, mentres vai en aumento a amplitude dos tremores volcánicos, informou o Instituto Nacional de Xeofísica e Vulcanoloxía italiano. A actividade volcánica comezou pasadas as 06:00 da mañá coa emisión de cinzas e despois observouse a reanudación da actividade estromboliana no cráter sueste, o máis activo nas últimas erupcións do Etna.

A nube eruptiva acadou unha altura de 9 quilómetros e é visible desde as localidades de Catania e Taormina. Ademais, o INXV constatou a existencia dunha fonte de lava en curso. O centro da fonte do tremor atópase na zona do cráter sueste a unha altura de aproximadamente entre 2.900 e 3.000 metros sobre o nivel do mar. A actividade actual do volcán non afecta o funcionamento do Aeroporto Internacional de Catania.

O Etna é considerado como o volcán activo de Europa máis grande e a UNESCO declarouno Patrimonio da Humanidade en 2013.

Noticias web

21/09/2021