Pharma Mar dispárase na Bolsa cun novo medicamento contra o cancro de pulmón
Publicado o 24/01/2019 19:40
A Axencia Europea do Medicamento acaba darlle o visto e prace a un novo fármaco contra o cancro de pulmón microcítico de Pharma Mar.A biofarmacéutica galega, avanza que este ano espera presentar datos da segunda fase do estudo e resultados de supervivencia global doutro fármaco contra o cancro de ovarios. Con estas novas, a compañía, participada por Sandra Ortega, logo dun mal ano, esta xornada experimenta subas en bolsa de máis do dez por cento. As súas accións volveron chegaron a máis de 1,4 euros e súa capitalización a máis de 315 millóns de euros.