CRTVG

Buscar

O Vilarreal inscribe o seu nome en Europa

Publicado o 27/05/2021 21:51

Así levanta un equipo modesto o seu primeiro título. E así foi o final do partido, cando Rulli detén o último penalti que lle lanza De Gea. É unha experiencia nova e dificil de describir con palabras.

Mario Gaspar, xogador do Vilarreal: "Gañamoslle ó Manchester United, que non é un equipo calquera. Houbo lágrimas e emoción no céspede"

O Vilarreal tocou o ceo nunha final soñada contra un histórico do fútbol europeo, ante o que se adiantou cun gol do novo nove de España, Gerard Moreno, un gol que igualou Cavani co suspense do VAR e que prolongou a final con prórroga e unha longa tanda de penaltis. Era a primeira vez que o meta arxentino Rulli lanzaba un penalti. O Vilarreal puido con todo. Niso confiaba Unai Emery.

Unai Emery, adetrador do Vilarreal: "Mira se puido, que tivemos que tirar once penaltis e marcalos todos, que foi impresionante, espectacular e dificil de repetir"

Cuarta Europa League gañada de cinco dirixidas. Un éxito para Emery e tamén para un club de canteira.

Pau Torres, xogador do Vilarreal: "É incrible gañar un título para o club co que sempre soñaches e o único ó que queres. Fixemos unha foto os canteiráns todos e somos dez ou doce"

Dedicado ós cincuenta mil habitantes de Vilarreal.

O Vilarreal gravou o seu nome en Europa. Cando aínda quedan os remois da proposta elitista da Superliga, e ante un dos xigantes fundadores, chega o Vilarreal e di que os humildes teñen todo o dereito a triunfar... e triunfan.

Noticias web

27/05/2021